Castelao a escena na biblioteca de Ponteceso
Os alumnos de teatro do IES Ponteceso foron os encargados de reproducir, mediante un obradoiro de teatro de sombras, algunhas das viñetas do autor, debuxando en cartolinas ou transparencias os personaxes e decorados para despois animalos a través dun teatriño.





