Na BPM de Baiona. Carlos Casares con maxia e música.



Onte a tarde pasámolo de cine con Álvaro Muras e Martín Camiña, foi do máis divertido e suxerente. Coa sua música e maxia fixéronnos un percorrido a través da vida e obra do autor Carlos Casares. Unha hora con sons do máis surente, con cordas e panos máxicos. Completamos o aforo cheo de nenos e os seus maiores implicados no espectáculo.




