EN CAMARIÑAS CANTAMOS CON MIGALHAS TEATRO

O día das Letras Galegas en Camariñas presenciamos unha excelente combinación de música, teatro e humor. Actuación recomendable para público familiar. Os asistentes divertíronse e mostraron moito interese polos temas tratados nas cancións. A conexión co público foi palpable de principio a fin do espectáculo.




