GRAN XOGO SOBRE AS LETRAS GALEGAS
O día das Letras Galegas realizamos na biblioteca de Alfoz “O gran xogo sobre as Letras Galegas” con Eduvia.
Foi unha actividade onde os nenos participaron moi activamente e gozaron cos xogos propostos, que consistiron en que cada grupo tiña que ir pasando distintas probas e gañando minipuntos.