VIRAVOLTA POR RAQUEL CRESPO NA BPM DE ALFOZ
Viravolta é un relato onde o acto de marchar se mestura cun desexo pequeno e sinxelo: aprender a dar unha voltereta. On nenos/as pasaron unha tarde divertida e entretida con Raquel.

Viravolta é un relato onde o acto de marchar se mestura cun desexo pequeno e sinxelo: aprender a dar unha voltereta. On nenos/as pasaron unha tarde divertida e entretida con Raquel.

O día 24 de outubro, día da Biblioteca, visitounos Pablisimo coa súa bici, que viña cargada de obxectos cos que deu vida a contos de diferentes paises. Un anaco de tempo mui divertido donde os nenos estiveron mui participativos.


Fran Rei presentou o seu espectáculo de “O conto de Barriga Verde”, no que mezcla narración oral, humor e maxia, unha historia que demostra a fortaleza do amor verdadeiro.


Para celebrar o Día do Libro, nenos e nenas da Galiña azul disfrutaron coa sesión de contacontos de Trémola teatro “Pipo e o paxaro que nos sabia voar”, unha mañá chea de historias, música e pompas de xabón na que os máis pequenos puideron desfrutar da compañia de Pipo.
O obradoiro “A Biblioteca Ideal” foi unha idea axeitada para celebrar cos máis pequenos e as súas familias o día das bibliotecas. Nel Gustavo ensinounos cómo funcionaba unha biblioteca, cómo se ordenaban os libros, como se etiquetaban, etc. Ademais fixemos os nosos propios autoretratos e eleximos un libro cada un para así, durante a semana na que se celebra o día das bibliotecas deixalo nunha estantería da nosa para recomendarllelos a todos os que se acheguen por alí.
Xunto con isto Gustavo leeunos un par de libros de cousas fantásticas que pasaron na nosa biblioteca fai un tempo, por exemplo, unha vez que entrou un león e se fixo amigo da bibliotecaria. Por último fixemos o noso propio libro, entre todos creamos o libro que titulamos”A Biblioteca Ideal”, no cal cada un deixou fluir a súa imaxinación de cómo sería para él a súa biblioteca soñada, o libro tamén quedou na Biblioteca Pública de Alfoz, para quen o queira consultar, ou incluso completar porque aínda ten algunha páxina en blanco para expresar a biblioteca que nos gustaría ter, este libro atópase debidamente etiquetado cómo un libro máis da nosa biblio!
En resumo unha mañá moi entretida na cal os pequenos xunto coas súas familias aprenderon moitas cousas e pasearon pola súa biblioteca ideal.

O luns 7 de outubro a compañía Trémola Teatro visitou a Escola Infantil de Alfoz dentro do programa “Ler conta Moito” para traernos o espectáculo “Leo e a música”.
Leo é o león máis curioso de toda a selva, por iso, un día decidiu ir a dar un paseo polo bosque. Camiñando atopouse cunha bolbotera, un paxaro carpinteiro e ata con ras! Cada folla, cada poza e cada animal fai un son diferente. Leo coa axuda dos nenos vai descubrindo todos os sons que nos rodean.
Paula a contacontos estivo marabillosa, atenta con todos os participantes e interactuando con eles en todo momento.

ISEO A MOURA, estivo na Biblioteca Municipal de Alfoz o día 22 cun contacontos “Se as árbores falaran”. Iseo utiliza a música para tratar un tema moi importante: os incendios nos nosos montes. Axudada pola súa voz, Iseo conta como Flora e seu pai axudan as árbores a protexerse do lume.

Trispilistriñas trispilistriñas o que non come non ten barriguiña,
trispilistrolas trispilistrolas o que non come non ten barrigolas..

O sábado 25 de xuño a biblioteca encheuse de maxia coa actuación do mago Pedro Bugarin.
Un espectáculo mui divertido e participativo donde maiores e nenos/as disfrutaron dos xogos de maxia, donde non faltou o humor e a emoción dende o principio ata o final, sin duda repetiremos…

O domingo 22 de maio tivemos a visita do experto en xestión de residuos, o barrendeiro municipal, para axudar aos mais pequenos a coidar o medio ambiente. Pasamos unha tarde con música e contos na que todos/as participamos nas historias que contou este entrañable personaxe. Coas súas historias descubriulle aos mais pequenos como poden axudar para que o noso entorno este coidado e o poidamos disfrutalo.



Séguenos