ISEO A MOURA NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE ALFOZ
ISEO A MOURA, estivo na Biblioteca Municipal de Alfoz o día 22 cun contacontos “Se as árbores falaran”. Iseo utiliza a música para tratar un tema moi importante: os incendios nos nosos montes. Axudada pola súa voz, Iseo conta como Flora e seu pai axudan as árbores a protexerse do lume.





