Gliz. O pastor de nubes e o pintor de flores, na Biblioteca Rego da Balsa
O mércores 6 de xuño, ás 18:00 h, na Biblioteca Rego da Balsa de Carballo puidemos gozar coa actividade “Gliz. O pastor de nubes e o pintor de flores”, un contacontos con ilustración destinado para nen@s de máis de 4 anos, e realizado polo escritor galego Anxo Fariña, autor da saga dos “Megatoxos” ou a colección de “Antón e Pompón”, tamén destinada a estas idades.
Aproveitamos a función para falarlle @s cativ@s das obras de Anxo, fomentando así o gusto pola lectura e animando ás familias a coñecer outras oportunidades literarias. Pasámolo en grande con todos os debuxos que nos fixo, polo que animamos a calquera a asistir a algunha das súas funcións!
Moitas grazas por compartir connosco as túas historias e os teus trazos, Anxo! 😀

O escritor Anxo Fariña impartindo o seu contacontos con ilustración “Gliz. O pastor de nubes e o pintor de flores”, na Biblioteca Rego da Balsa (Carballo).




