Radiocontada na Biblioteca Miguel González Garcés de Culleredo
O día 4 de xullo, no obradoiro “Radiocontada”, impartido por Lucía Abarrategui (Laboratorio de Radio), os e as participantes achegáronse á linguaxe radiofónica: voz, música, efectos e silencio para despois sonorizar diferentes contos e poemas. Ademais, fixeron unhas cuñas radiofónicas para animar á lectura. Unha boa forma de gozar da literatura dun xeito divertido.





