O Mundo Máxico 3.0 do Mago Pedro Bugarín na B.P.M. Boiro
Na biblioteca de Boiro tivemos a oportunidade de gozar do espectáculo do Mago Pedro Bugarín. Unha actividade fabulosa que gustou a grandes e a pequenos e na que o mago sorprendeunos con impresionantes trucos de maxia. Un espectáculo moi interactivo no que se require en algunhas ocasións da colaboración do público o cal, moi entregado, non dubidaron en colaborar co mago, incluso chegando a poñer en perigo a súa integridade … (pero ate aquí podemos ler para non revelar nada). Pero tranquilos, ¡todo saíu xenial!






