CONMEMORACIÓN EN QUIROGA DO DÍA DA BIBLIOTECA
O pasado sábado, día 20, a Biblioteca Municipal de Quiroga acolleu o primeiro espectáculo de animación lectora programado co gallo do Día da Biblioteca.
” Pequeno Cabaret Infantil” a cargo de Nelson Quinteiro é un espectáculo dinámico e participativo para nenos/as e adultos que de xeito cómico fai un percorrido polos contos clásicos populares que nenos/as e pais coñecen. O numeroso público asistente mostrou a súa satisfacción e desfrutou con esta actividade .




