As parábolas de Pakolas nas bibliotecas ambulantes da Baña

Continuando coa Semana da Biblioteca na Baña, nesta ocasión trasladámonos no tempo coa Re- Volta aos 50 que celebramos na marabillosa Carballeira do Ceilán.

A nosa biblioteca ambulante contou co fabuloso espectáculo de Pakolas no que se narraban historias a través do rock e que tanto lles gustou a pequenos/as e familias asistentes.

Os libros e a música axudaron a que practicaramos co léxico e vocabulario en galego ó tempo que nos divertimos e participamos deste contacontos musical.




