“RADIO BULEBULE” en Vimianzo
O martes 23 de outubro no auditorio de Vimianzo sintonizamos Radio Bulebule.
Os rapaces achegáronse ao mundo da radio co divertido Paco Nogueiras e a súa particular Radio Bulebule.
Bailaron ao ritmo das cancións, participaron nos seus concursos e cantaron con Paco. Tamén tiveron tempo para adentrarse na linguaxe de signos, coñecendo as vogais con ritmo musical.




