VERDEVERAS EXPRESIÓNS ARTÍSTICAS NA BIBLIOTECA PÚBLICA DE MACEDA
Celebramos o día da Biblioteca 24 de outubro con: María Ángeles Iglesias (actriz dramaturga) e Tato López (músico) coa súa actividade “Un lugar chamado mundo”. Onde se traballa sobre o xénero a multiculturalidade e o coidado do medioambiente.
Conto Musical interpretando a Mariña a mellor regueifeira do mundo e Nikolai que sempre quixo ser músico e tocoulle ser aviador, xuntos emprenderon unha viaxe por diversos países do mundo: China, Italia, Cuba, África…..
- Tiveron unha boísima acollida.
- Conectaron moi ben cos nenos/as, profesores/as do colexio Público de Maceda, non había máis que ver as súas caras de goce e disfrute e que o final pedían outra, outra…..
- Darlles as grazas de corazón porque nos fixeron pasar unha mañá inesquecible.





