Contos para pasalo de medo na Biblioteca de Darbo

O pasado martes día 30 tivemos na biblioteca de Darbo a visita de Carmen Domech co seu espectáculo “Contos para pasalo de medo”.
Carmen, acompañada da Señora Antonia contounos cinco historias de medo cunha boa dose de humor e unha ambientación diferente para cada una delas. A mellor forma de celebrar o Samaín cos rapaces e rapazas de Darbo, que quedaron encantados coa actuación.




