Pedro Bugarín coa súa MAXIA 4.0 na Biblioteca de Sanxenxo
Onte tivemos ocasión de gozar, rir a esgalla e mesmo participar e facer maxia coa actuación do gran mago Pedro Bugarín que nos deleito cos seus trucos e co seu bo humor.
Trasladamos a actuación ao auditorio municipal que está no mesmo edificio ca biblioteca “Emilia Pardo Bazán” para dar cabida a canta máis xente mellor e tamén fixemos coincidir a actuación coa actividade municipal da “Ludoteca na rúa” de xeito que os 40 nenos que participaban nesta tiveran a oportunidade de ver a actuación e participar dun soño: ser magos por un día.
Agradecemos a Pedro Bugarín a súa simpatía, profesionalidade e bo facer e tamén ao programa Ler Conta Moito que nos brinda estas oportunidades que nos axudan a saír da rutina habitual e poñer énfase na diversión arredor das bibliotecas.





