Que animaliño é?
Na biblioteca de Vilalonga o 13 de setembro, Trémola Teatro, representou para nenos de 6 meses a 4 anos unha sesión de dinamización con música, teatro e danza. A través de diferentes elementos sensoriais os máis pequenos, coñeceron a distintos animais, cos que tiveron a oportunidade de xogar e bailar.




