A aventura de Daniela Pirata transcorreu no Pino
O pasado día 4 de setembro un grupiño de nenos e nenas achegáronse á Casa da Cultura para vivir a Aventura de Daniela Pirata.
Tiveron que superar 7 probas a través de contos sobre igualdadade de xénero. Unha xornada de bailar, cantar, pintar, para loitar contra o Capitán que non deixa que as nenas sexan piratas no seu barco, xuntos loitaron contra a desigualdade.





