CANTA CONNOSCO! NA BIBLIOTECA CENTRAL DE CAMBRE
O mércores 18 de setembro cantamos e xogamos na biblioteca. Estivo con nós MIGALLAS TEATRO, e coma sempre, fantásticos!



Canta connosco! é unha actividade baseada no libro-disco-DVD do mesmo nome, editado por Kalandraka que nos vai descubrindo o segredo de como naceron algunhas das cancións que o compoñen.
Combinan cancións con xogos dramáticos, o pracer da lectura e os xogos tradicionais.
A través dunha alternancia de realidade e ficción, María Campos e Carlos Yus cando queren cantar unha canción chaman a Antón e a Rosiña para que a canten e cunhas palabras máxicas aparecen deseguida.
Presentáronnos ás pulgas Pin, Pan e Pun.
Tamén nos trouxeron unha canción, “Dime que fixeches”, para os que son algo preguntóns, como Antón.
Para aprender os osos do corpo aquí estaba a canción “O esquelete”, para os/as que non son quen de memorizalos, con algo de ritmo e batendo as palmas, entran moito mellor.
A continuación mergullámonos no “Libro máxico” para vivir aventuras fantásticas e non aburrirnos.
Excelente actividade. Grandes profesionais, María e Carlos!




