SEMANA VIOLETA NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DO CONCELLO DE BÓVEDA
A Semana Violeta comezou no concello de Bóveda o martes 17 co obradoiro de ilustración a cargo de Estefanía Padullés “As superheroínas do noso pobo”. Ilustración de mulleres importantes nas nosas vidas da que saiu unha exposición de artistas locais moi interesante que acompañou a da propia ilustradora.

Tivo continuaidade o xoves 19 co contacontos interactivo a cargo de Carla Muñoz “A aventura de Daniela pirata” no que a rapazada participou activamente pasandoo moi ben.





