“Identifica-T” en Tordoia
O mércores 25 de setembro o alumnado dos cursos 1º e 2º da ESO do CPI Pecalama acudiu á biblioteca municipal de Tordoia, sita na Casa de Cultura da localidade, para asistir ao espectáculo interactivo para identificar comportamentos que promoven a violencia machista que aparecen nos mais diversos contextos da nosa vida cotiá e evitar e poderlle facer fronte aos mesmos.





