Maxia pola igualdade en Paderne
O pasado 27 de setembro na biblioteca de Paderne, puidemos desfrutar dunha actuación do Mago Javier Muro con “A maxia pola igualdade”. A partir das seis da tarde tivemos ocasión de ver un espectáculo na que os libros tamén son os protagonistas xunto cos nenos e nenas. Ademais de participar en trucos ou xogos creativos de maxia na que os xoguetes ou as profesións non teñen xénero. Sen dúbida unha animada tarde chea de risas e sorpresas.

Maxia pola igualdade en Paderne




