Derriba da lúa, narración oral e música para primeira infancia
Fermoso espectáculo no que se xuntou a fusión do mundo da infancia co poder xestual e a expresión corporal de Verónica Rilo e a música do acordeón de Sonsoles Penadique. Rilo&Penadique conseguiron que as crianzas da Escola Infantil de Ponteceso e as súas familias disfrutaran da actividade.





