Juste Kamishibai, teatro e papel na Biblioteca de Riotorto
Juste narrou contos para educar na igualdade e na diversidade. O eixo central das historias que escenificou é a fada Menta, personaxe do “Libro das emocións para nenas e nenos”, da autora Gemma Lienas, que autorizou á compañía Juste Kamishibai, papel y teatro para representar os seus contos en Galicia. As técnicas utilizadas para a representación foron os despregables Pop-Up e o teatro de papel.





