Contos que veñen e van de Pavís Pavós visita a BPM de O Rosal

“Contos que veñen e van” da man de Pavís Pavós visitou a BPM do Rosal o sábado 5 de outubro.
Unha actividade dirixida ao público infantil na que as voces e a xestualidade dos contacontos foron os elementos principais para transmitir unha serie de historias coas que as persoas asistentes puideron desfrutar dos contos unha vez mais.




