PRÍNCIPAS E PRINCESOS NO PINO
Esta mañá Pablísimo presentou aos máis cativos e cativas do noso Concello os príncipas e princesos que habitan os seus contos.
Case unha hora de historias, risas, música e moita aprendizaxe na Casa da Cultura de O Pino para comezar a celebrar o Día das Bibliotecas con contacontos nos que se lle dá unha volta aos roles de toda a vida. Contos de toda a vida contados dunha maneira diferente, cos personaxes de sempre con roles diferentes e cun toque de actualidade.





