CONTOS EN LILA EN MEAÑO Con Cris de Caldas
Onte pola tarde tivemos o pracer de ter con nós a Cris de Caldas co seu espectáculo Contos en Lila co que puxo de manifesto a igualdade en relación os rols de xénero e como desmontar alguns destes rols, para esto contou tres historias: As tres lavandeiras, as bágoas e Simón e unha versión propia de Carapuchiña Vermella. Espectaculo moi participativo no que contaba coa colaboración das nenas e dos nenos asistentes.






