“Contos con ovos” de Pablísimo en Outes

O luns 21 de outubro comezamos as actividades do Día da biblioteca. Ás 11 da mañá, os nenos e nenas de educación infantil do colexio de Outes puideron desfrutar dos divertidos “contos con ovos” de Pablísimo. Un conxunto de historias breves onde os protagonistas son os ovos.
Sesión moi amena e divertida que nos soubo a pouco. Quedamos con ganas de máis.




