Obradoiro Educacion Emocional “Monstros” con Luis Sendón
Este mércores 5 de agosto tivemos a oportunidade de coñecer ao ilustrador Luis Sendón e participar neste obradoiro tan especial. Nel os nen@s aprenderon a crear personaxes para logo a partir deles abordar as emocións, os estados de ánimo e a súa expresión. Disfrutamos dunha maña moi entretida onde aprendemos a identificar, mostrar e representar as nosas emocións.





