Gemola trae toda a súa enerxía ao Pino
A mañá do día 11 de agosto os rapaces e rapazas da escola de verán do Pino disfrutaron das cancións, bailes, contos e ensinanzas que trouxo Gemola sobre a igualdade. Unha proposta moi dinámica para rachar cos estereotipos existentes na sociedade actual e que a base de dinámicas interactivas fixo que desde os máis pequenos aos máis grandiños reflexionaran sobre o tema.






