O Principiño en Madagascar na biblioteca de Darbo

O xoves 15 de Outubro tivemos na biblioteca de Darbo a visita de Raquel Galavís coa súa obra “O Principiño en Madagascar”.
Coñecemos a historia de Toni, un escalador que viaxou a Madagascar na procura dun exemplar do Principiño en lingua
Malgache e aprendemos moito sobre a vida en Madagascar, pero sobre todo descubrimos cómo atopar ao Principiño que está en cada un de nos.




