PATRIMONIO NATURAL Gloria Mosquera e Tomi López
O sábado 17 de outubro tivemos na Axencia de Lectura do Concello de Frades a actuación de Gloria Mosquera e Tomi López “Patrimonio Natural”. Sen dúbida fixeron viaxar a todo o público á “Fraga do seu Avó” mediante a música e as imaxes, nunha actuación cargada de respecto pola natureza, os animais e o medio ambiente, onde os nenos e nenas puideron bailar e cantar ao son das súas maravillosas cancións.




