“Brinca Vai” e Paco Nogueiras visitan Coristanco
O Salón de Actos do Edificio de Servizos Múltiples de Coristanco acolleu a actuación de Paco Nogueiras co seu espectáculo “Brinca vai de aquí a acolá”. Brinca vai, como el mesmo o define, un camiño cheo de pasos grandes, pasos pequeneiros, chimpos e risos, notas, bailes, melodías e, sobre todo, xogos.
Sempre é un pracer contar coa súa colaboración, entoar as súas cancións e bailar aínda que sexa dende o recuncho da nosa butaca. Brinca vai, No samaín, Rap do Magosto, Cos pés na terra, o entroido move o corpo… con todas elas, se nos fixo difícil manternos sentados.





