DUENDE SICO NA BIBLIOTECA CENTRAL RIALEDA DE PERILLO (OLEIROS)

Este xoves contamos na biblioteca coa compañía Duende Sico e a súa representación de títeres Elba e Marcos e os xoguetes encantados. Elba e Marcos son irmáns e ás veces teñen as súas diferenzas… Agóchanse os xoguetes, fanse trasnadas, dialogan sobre as profesións, xogan ás palabras rimadas, etc. Pero o pasan xenial, como as nenas e nenos de Oleiros nesta xornada de contos.





