“Travesías” na biblioteca de Boiro da man de Raquel Queizas
Onte en Boiro puidemos gozar da actuación de Raquel Queizas co seu espectáculo “Travesías”.
Dende o comezo, a conexión e interacción co público foi unha constante, conseguindo transportar a tódolxs presentes cas súas historias, a mundos e lugares fantásticos, facendo voar a nosa imaxinación, descubrindo e vivindo grandes aventuras protagonizadas por mulleres inspiradoras.







