CIENCIA DIVERTIDA: EXPERIMENTOS PARA PEQUENOS/AS CIENTEFÍCOS/AS
Este sábado convertimos a nosa biblioteca nun laboratorio de Ciencias para os/as máis cativos/as. A nosa nova amiga Gemola sorprendeunos a todos/as con experimentos incribles con cousas cotidiáns e que todos podemos ter en casa. Ademáis os nenos e nenas fixeron eles mesmos experimentos que despois levaron para a casa. Unha actividade moi dinámica e moi didáctica posto que achegou aos máis cativos/as a ciencia explicando de forma moi divertida experimentos moi sencilliños e nada perigosos para nenos/as. Actividade con un gran éxito entre todos/as os/as participantes.










