Os Nortis e os libros sen título chegaron á Biblioteca de Sanxenxo
Como todos os nenos e negas saben, os Nortis son un seres imaxinarios moi especiais. Habitan no mundo da creatividade e o que máis aman son os libros!!! Estes seres axudan aos nenos e nenas a despertar a súa imaxinación a través de contos e lendas.
Juste Kamishibai é un artista dos teatriños de papel e, igual que os nenos, gusta de inventar figuriñas para atrapar a atención dos máis pequenos, que fican cautivos das súas historias, contadas a través de despregables pop-up, mecanismos móbiles e xogos de luces.







