Coser e contar. Marta Ortiz na ALM de Coiro
Na biblioteca de Coiro o pasado martes día 10 de maio, dando comezo ás actividades de Ler Conta Moito e co gaio da celebración das Letras Galegas tivemos a ocasión de poder contar coa participación de Marta Ortiz.
Estupenda comunicadora coa que pasamos unha tarde do máis divertida, adentrándonos no mundo dos contos a través dunhas costureiras.
Foi un contacontos moi participativo onde desfrutaron tanto o público tanto infantil coma adulto, cosendo e contando…






