En Arzúa “sen medo”.
Dúas mozas interpretan con música, atrezzo e vestimenta apropiada tres contos que achegan aos nenos e nenas aos temas da violencia de xénero co conto de “Artur e Clementina”, a diversidade das familias co conto “Con Tango son tres” e a igualdade de xénero con “Contos de boas noites para nenas rebeldes”.




