Bibliotecas animadas. Obradoiro Stop Motion na Axencia de Lectura de San Vicente (O Grove)
Este martes na Axencia de Lectura de San Vicente puidemos desfrutar dunha actividade moi interesantes. Descubrimos a técnica de Stop Motion para realizar unha animación dun conto. Os rapaces e rapazas crearon as marionetas dos personaxes do conto “Onde viven os monstros” de Maurice Sendak para despois crear a animación deste conto coa técnica Stop Motion.