A festa dos monicroques, de Larraitz
O xoves 15 de setembro de 2022, ás 19.00 h., na biblioteca do Porriño tivemos a actuación de Larraitz coa obra “A festa dos monicroques”, un espectáculo de títeres familiar á que acudiu un gran número de persoas da nosa comunidade.
Moitas da formas titiriteiras beben da cultura popular, dos mecanismos e utilización de materiais que recoñecemos nos brinquedos tradicionais, nos cantos e na narración oral. A Madeira, as teas, a herba trenzada están nos monicreques que leva para celebrar nas bibliotecas a festa por compartir todo ese coñecemento nunha conversa exemplificada con escenas de títeres, poemas de Rosalía de Castro e cancións populares.





