Aprendendo a querer
APRENDENDO A QUERER
Este sábado día 24 de setembro realizouse na biblioteca de Frades o espectáculo “Aprendendo a querer” onde a ratiña Lili de Lonxedetodo explicou os nenos e nenas de Frades a importancia de quererse ben mediante teatro, contacontos e cancións.
Foi todo un éxito pois os nenos e nenas disfrutaron moito cantando, bailando e interactuando ca artista. Sen dúbida unha actuación para repetir.









