A Biblioteca Municipal de Quiroga conmemora o Día do Libro
Este sábado, co gallo do Día do Libro, a Biblioteca Municipal programou a actividade “Garavanciña e o esquío. Musicar un conto” con Babaluva Teatro. Foi un espectáculo moi participativo e dinámico tanto para nenos como para adultos. Unha moi agradable experiencia participar en musicar un conto da man de Mirari Urruzola.




