Lúa quere….viaxar a Marte! na biblioteca de Darbo
O mércores 26, para celebrar o Día do Libro estivo na biblioteca de Darbo Celtia Figueiras de A xanela do maxín co seu espectáculo “Lúa quere viaxar….a Marte!”
En Darbo xa coñecíamos a Lúa, pois visitounos o ano pasado co contacontos “U-la Lúa”, e xa que a historia continuaba, non nos quixemos perder as novas aventuras de Lúa tras percorrer o mundo.
Nesta ocasión, a gatiña Lúa quere ser astroanauta e viaxar a Marte, máis non contará co apoio das súas amizades e familia, que lle dirán que non o conseguirá. Sen embargo, tras moito esforzo, consegue superar as probas da “Gatanasa” e así cumprir o seu soño. Lúa demostrounos a todos e todas que se nos esforzamos conseguiremos todo o que nos propoñamos.





