MAXIA DIVERTIDA CO MAGO PACO

O pasado mércores 6 de setembro na Biblioteca Municipal de San Cibrao das Viñas, o Mago Paco, co seu espectáculo de ” Maxia Divertida” fíxonos pasar unha tarde chea de contos, risas e maxia. Nenos e grandes disfrutamos da súa actuación, na que a imaxinación foi a nosa grande aliada nesta aventura na que tampouco faltou agún susto con o que o mago sorprendeu ao público asistente.





