“O ratiño presumido” na ALM de Oubiña
Onte pola tarde volveunos a visitar TrinkeTrinke Teatro, na axencia de lectura de Oubiña, co espectáculo ” O ratiño presumido”.
Co rato Fuco e a ratiña Lily Gruyere chegados de Lonxedetodo, dándolle a volta ao conto clásico para amosar a un ratiño que racha cos estereotipos de xénero.Volveu a ter moi boa acollida por parte do público.
Pasárono xenial!!






