Contacontos ” Xela, a superheroína de aldea”



O mércores 4 de outubro visitóunos Inma Soto na Biblioteca Municipal de San Cibrao das Viñas, co seu conto ” Xela, a superheroína de aldea”. Nenos e grandes puidimos disfrutar das divertidas aventuras dunha nena de aldea. Un interesante conto sobre a nosa natureza, que pon en valor os nosos recursos e busca que as persoas miúdas queran coidar o territorio.




