A Cabaza encantada
Este sábado tivemos na nosa biblioteca para un público de 40 persoas, o conto teatralizado “A Cabaza encantada”. O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa regresaron a Frades para contarnos unha historia máxica. Antón plantou unha semente e de alí a un tempo naceu unha cabaza, pero era unha cabaza especial a que lle gustaba asustar e o noso cociñeiro tivo que armarse de valor para desfacerse dos monstros que ali apareceron. Unha historia para esmendrellarse de risa na que os cativos e cativas non deixaron de rir. Sen dúbida seguiremos apostando por este duo que sempre conseguen superarse.









