MEGA-OBRADOIRO DE GLOBOFLEXIA NA BIBLIOTECA DE DARBO

O mércores 25 de outubro tivemos en Darbo (Cangas) este obradoiro de globoflexia, realizado por Ian e Elisa.
Despois dunha espectacular sesión de maxia, as persoas asistentes aprenderon a realizar diferentes figuras con globos.
Foi unha actividade moi amena e participativa.




