ROBÓTICA NA BIBLIOTECA DE OLVEIRA
O pasado martes visitou a ALM de Olveira (Dumbría) a empresa Átomos co taller Robótica na biblioteca.
Pablo fixo unha introdución ao mundo da robótica e os participantes montaron un pequeno robot que puideron levar para a casa.
Tamén puideron ver o funcionamento dunha impresora 3D coa que se construíron as pezas de dito robot.
Moi recomendable!!





