Lúa

Onte Día das letras Galegas adicadas este ano a “Luísa Villalta”, tivemos a Grandísima Compañía de “Teatro Ghazafehlos” ca súa obra “Lúa”. Un maravilloso espectáculo donde todos os nenos e nenas presentes tiveron a oportunidade de participar como actores e actrices por un momento. Cabe destacar a gran capacidade de improvisación dos actores que en todos momento utilizaron a espontaneidade dos nenos/as así como resto de asistentes para crear un momento de humor. Ano tras ano repetimos con esta compañía e sen dúbida seguiremos repetindo posto que sempre nos deixan con ganas de máis.




